Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

As palabras poden matar, de Marcos Calveiro

Marcos Calveiro

As palabras poden matar

Xerais, Vigo, 146 páxinas, 16 €

 

 

 

Editouse xa hai algúns meses e o autor ten xa no prelo outra proposta fermosamente titulada Unha casiña branca, mais sería imperdoable ignorar esta novela descarnada e esgazadora, con elementos temáticos parellos á novela que Iolanda Zúñiga titulou Periferia. Nesta ocasión, Calveiro opta por seguir un camiño marcado que, á mantenta, non dá as costas a asuntos de índole social adentrándonos nunha atmosfera mesta onde a violencia indiscriminada, a inxustiza ou a opresión que o ser humano se inflixe a si mesmo chegan case a ser tanxibles, o que entendo un dos seus indiscutibles méritos.

      As experiencias que relatan os personaxes, de perfil solvente, agroman no medio dunha prosa esixente onde as súas voces son individualizadas e diferentes. Todas elas alentan nun espazo que é símbolo da marxinalidade como é esa “colonia Seavia”, metáfora doutras Seavias que hai hoxe no mundo, onde a vida é pura resistencia e onde personaxes vulnerables, malia saber que falar pode ser letal, desvelan conflitos reais e desacougantes nos que asoma, ao final, un escintileo de esperanza.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 23 Setembro 2015 por en Crítica literaria,Literatura galega,Novela , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: