Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuel Rodríguez Alonso: o adeus a un crítico

Souben onte, a través de Celia Torres, do pasamento de Manuel Rodríguez Alonso. Coñecino persoalmente na Coruña, no seo dunhas xornadas sobre crítica literaria que organizara desde a UNED e ás que me convidara a participar, hai probablemente uns dez ou once anos. Compartimos daquela puntos de vista moi coincidentes nun momento en que xa era coñecido o seu labor como investigador lingüístico, como destacado docente e mais como colaborador nalgunhas plataformas dixitais como Vieiros. Desde aquel tempo até hoxe, como é ben sabido, desenvolveu un monumental traballo como crítico literario, sobre todo nos últimos anos a través do seu blog Bouvard e Péchuchet.

     Deixo aquí o meu recoñecemento pola súa profesionalidade. Marcha un crítico literario honesto e dos que traballaban, e moito, en silencio. Descanse en paz.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 24 Setembro 2015 por en Crítica literaria,Divulgación,Obituario , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: