Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

“Human”: aquilo que nos fai seres humanos

Descubrín, dun xeito un tanto casual, a existencia dun ambicioso documental do que se responsabilizou o director e artista Yann Arthus-Bertrand viaxando, ao longo de tres anos, a 60 países e entrevistando a máis de 2.000 persoas de distintas nacionalidades baixo o pretexto de recoller testemuños orais que respondesen a unha pregunta que se formulou nestes termos: Que é o que nos fai seres humanos?

   O resultado é, a meu entender, memorable e conmovedor en moitas ocasións, alén de encerrar indiscutibles posibilidades didácticas e formativas. Nas gravacións circulan voces e rostros de persoas coñecidas e populares, como a de José Mujica, ex-presidente do Uruguai, presente ao final do primeira parte do documental onde fai unha soberbia apoloxía da sobriedade, e outras que, sen entrar nesta categoría, posúen unha forza arrebatadora, polo que se di e por como se di.

    O documental pódese ver en tres partes: na primeira compártense opinións sobre os temas do amor, as mulleres, o traballo e a pobreza; na segunda sobre a guerra, o perdón, a homosexualidade, a familia e a vida logo do morte e, finalmente, a terceira parte céntrase en asuntos como a felicidade, a educación, a deficiencia, a corrupción e o sentido da vida. Ofrezo abaixo unha versión subtitulada en portugués.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 1 Outubro 2015 por en Divulgación,Recursos didácticos,Redes sociais,Video , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: