Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Catálago, de VV.AA.

 

VV.AA.

Catálago

Garabato/Caldeirón/Lumieira, Carballo, s/p, 15 €

Reconcilia este libro coa idea que poesía, ilustración e recitado ao vivo son quen de xerar atractivas posibilidades interartísticas: Rosalía Fernández Rial e Paco Souto asumen o reto, nada sinxelo, de crear poemas liberrimamente a partir dun feixe de ilustracións que ofrecen, para a primeira, a artista Chiña e, para o segundo, Mon Lendoiro. Elas e Eles transitan xuntos nesta coidada publicación apoiada polos concellos de Malpica, Carballo e Muxía que recolle o celme dun proxecto expositivo itinerante, lúdico e profundo ao tempo, que viaxa inicialmente pola Costa da Morte e onde interaccionan, exemplar e fantasticamente, palabra poética e imaxe.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 25 de setembro de 2015, baixo o título de “Ilustración e poesía man a man”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: