Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

O caderno de Edua, de Helena Villar Janeiro

Helena Villar Janeiro

O caderno de Edua (ilustracións Carmen Queralt)

Sushi Books, Cangas do Morrazo, 72 páxinas, 12 €

 

Edua é unha nena de dez anos, vive na aldea do Cebreiro e quere ser escritora, debuxante ou xornalista talvez. Para que decida con tino o seu porvir aí está tanto o seu día a día, a fornecerlle  de intensas e fermosas experiencias, como a esencial figura do seu avó: un tesouro de saberes e agarimo.

      É un pracer ler este libro que vén da man dunha das nosas escritoras máis experimentadas e de dilatada traxectoria, entre outras razóns porque se constrúe con esa alquimia máxica que compón o talento, o vagar compositivo, o emprego dunha exemplar riqueza léxica, o acerto argumental e, paréceme, que moita e moi feliz memoria.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 2 de outubro de 2015 baixo o título de “Alquimia máxica”.

Advertisements

2 comentarios en “O caderno de Edua, de Helena Villar Janeiro

  1. MariaLDário
    5 Outubro 2015

    Obrigada pela divulgação, Ramón Nicolás. É sempre um prazer ler os livros da Profa. Helena Villar Janeiro.

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: