Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Na presentación de “Interferencias” de Manuel Seixas

DSC_0326Onte tiven a fortuna de asistir á presentación, na querida libraría Cartabón de Vigo, do libro Interferencias, do escritor arousán Manuel Seixas. Foi este un acto moi emocional, talvez dos máis emocionais aos que teño asistido nos últimos tempos. Das palabras de Manuel Bragado extraio só unha sentenza na que vinculaba, creo que con acerto, dous libros de narrativa que apareceron casualmente ao mesmo tempo: Muros de aire, de An Alfaya, e este mesmo, aludindo ao feito de seren, ambos os dous, dese tipo de libros cuxa lectura provoca unha sorte de transformación de quen os le.

    Sorprendeume gratamente o discurso de Estela Estévez, lectora e amiga do autor, que deu lectura a un intenso texto alicerzado desde as instancias da amizade e pragado de  numerosas chiscadelas cómplices co autor, recalando nunha visión persoal e vital de Seixas, mais tamén ao tempo reparando tamén nalgúns aspectos do seu traballo literario.

    Seixas, pola súa parte, transitou igualmente polos eidos da emoción, da vida, das gratitudes, da práctica do ensino como “salvación” desde a que promover o “espírito crítico” -algo que evidentemente comparto-, mais tamén reparou nas “interferencias” que foron xerando este libro ao que lle, particularmente, lle desexo moitas lecturas e que se convirta no primeiro dun retorno devecido por moitas persoas -entre as que me inclúo- tras algúns anos de silencio editorial por parte do autor.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: