Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Lueiro Rey, nunha contracuberta, vinte e cinco anos despois

Lembroume hoxe, o meu amigo Suso Díaz, que nesta data, hai vinte e cinco anos, falecía Manuel Lueiro Rey. Lembralo é sempre preciso, e tamén nunha data coma hoxe. Para iso incorporo aquí unha contracuberta da que se responsabilizou Antonio Chaves, bo amigo do autor, e que pechaba un libro que Lueiro non chegaría a velo editado: Vigo en tres paisajes (Kantil, Vigo, 1990). O deseño exterior e dos interiores que realizou Chaves foi magnífico mais esta ilustración sempre me gustou tanto polo tratamento no que salienta a forza que transmite a imaxe do autor, como pola emocionada dedicatoria do artista plástico e pola lenda inferior que Chaves extraeu, con bo criterio, do último artigo xornalístico que Lueiro escribiu e que viu a luz post-mortem: “Dejadme, hermanos para siempre, oir el viento que nunca me hizo daño”.

     Fique aquí, na memoria de Lueiro, esta evocación.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: