Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Stella Leonardos Cabassa e Celso Emilio Ferreiro

O epistolario conservado pola Fundación Celso Emilio Ferreiro atesoura moitas sorpresas. Algunhas delas saíron á luz, por veces fragmentariamente, na biografía do escritor celanovés que puiden compoñer. Hai, con todo, cartas sorprendentes ás que nunca me referín.

     Unha delas é esta que incorporo, por cortesía da devandita Fundación, pois desvela un ángulo descoñecido na fluída relación que Celso Emilio Ferreiro mantivo con voces creativas e outras iniciativas culturais, editoriais e literarias do que hoxe denominamos lusofonía. Así o testemuña este manuscrito conservado da poeta, dramaturga e tradutora brasileira Stella Leonardos Cabassa, datado en  maio de 1969, onde acomoda senllos poemas de Celso Emilio ao portugués do Brasil, confesando que os coñeceu a través do primeiro número da revista Si la píldora bien supiera non la doraran por defuera (1968), revista dirixida por José Batlló e que xa publicara o seu número O en 1967 dando a coñecer, desde a súa orixe, textos en éuscaro, catalán, castelán e galego. Celso Emilio, ademais de publicar en varios números, foi correspondente de La píldora… en Venezuela e, entre outras voces, tamén se pode atopar nalgún número a de Xosé Luís Méndez Ferrín. O coidadoso traballo como tradutora de Stella Leonardos suxeriría, ademais, tratar algunhas cuestións de carácter ecdótico que deixo para outra ocasión. Velaquí os manuscritos.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: