Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

“A praia dos afogados” e a súa versión cinematográfica

Ver a versión en lingua galega da adaptación cinematográfica de A praia dos afogados obrígame a quedar, e trátase dunha opinión, co libro de onde naceu e os matices que este achega. Sei que se trata dun guión creado a partir da célebre novela de Domingo Villar e parto do feito de que cadaquén paga a súa entrada esperando cousas distintas. Particularmente agardaba visionar a versión galega que se ofrecía nunha sala comercial viguesa -ateigada de público, por certo- e creo que a estratexia pola que se optou, sospeito que en aras da procura de verosimilitude en virtude da orixe do axudante do investigador Leo Caldas, porque outra non atopo, ao presentar personaxes que se expresan en castelán, algúns en galego e outros en galego e castelán vén sendo algo semellante, e insólito, á hipótese de abrirmos un libro, que mercamos porque está escrito en galego e, por tanto, adscrito á literatura galega, e atoparnos con esta solución híbrida que a min me decepcionou.

    Con todo, convido a que se vexa esta película pois de certo que atesoura outros valores como se reflicten nos espazos retratos, o acaído do ritmo argumental e algunhas pasaxes memorables. Vaian aquí moitos parabéns, en especial, ao cadro das nosas actrices e actores da película.

Advertisements

4 comentarios en ““A praia dos afogados” e a súa versión cinematográfica

  1. Al Crique
    13 Outubro 2015

    O da lingua de Clara Barcia non ten moito sentido. Tampouco que a farmacéutica solte un tempo composto ou que o personaxe do mariñeiro Hermida non sexa monolingüe. E xa o de “Calditas” en boca de Trabazo… Moi ben Luis Zahera, Celia Freixeiro ou a que fai de veciña de Xosé Arias, cuxo nome agora non lembro, Non entendo a que vén que os nomes dos personaxes estean en castelán: Justo, José… E un último apuntamento: para facer algo coma isto, cómpre bo un asesor lingüístico (evitaría boa parte das barbaridades).

    • Ramón Nicolás
      13 Outubro 2015

      Subscribo o teu comentario, xa non quixen facer referencia ás cuestións lingüísticas desde dentro e, en efecto, un asesor evitaría todo isto. Engadiría nesa listaxe tamén o nome do gran Celso Parada. Moitas grazas polas túas palabras.

  2. LUCHO
    14 Outubro 2015

    Si . Tamén deberían documentarse sobre a diferenza entre unha lonxa e unha pescadería.Nonsi?

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 13 Outubro 2015 por en Opinión , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: