Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Colmeiro por si mesmo, de Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa

Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa

Colmeiro por si mesmo

Xerais, Vigo, 176 páxinas, 18 €

 

Sorprendeume, agás escasas e honrosas excepcións, a limitada atención crítica e mediática que se lle dispensou a este libro de estética tan mimada pois, entre outras razóns, afonda nunha das figuras máis salientables da pintura galega e universal do século XX. Nel fala en primeira persoa Colmeiro mercé á reprodución tanto da entrevista que lle realizou Carlos G. Reigosa no ano 1989 como das dúas que mantivo co crítico X. Antón Castro.

    Operativo para saber do seu percorrido biográfico e para coñecer as das claves da súa obra e do seu pensamento, articúlase tamén como unha achega estremeira co memorialístico, que moito se agradece polo que ensina e polo que desvela.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 9 de outubro de 2015.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: