Bazar de traidores
Centro Pen Galicia, Compostela, 92 páxinas, 15 €
Galardoada na XII edición do premio Afundación 2014 velaquí unha proposta marcadamente disruptiva, moi arriscada e ditada por unha lúcida heterodoxia creativa. Elías Portela (Cangas do Morrazo, 1981), poeta de renome no sistema literario islandés baixo o pseudónimo de Elias Knörr, acredita nas posibilidades estéticas que ofrece a diversidade lingüística para artellar un artefacto irónico, por veces profecía, nalgúns casos epifanía laica e ambigua, alicerzado a través dun cento de imaxes visionarias que afondan nos trazos da maldade e nos perigos que nos axexan arreo e en todos os tempos, reivindicando aínda o que de vangarda herdamos do poeta rianxeiro Manuel Antonio.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 16 de outubro de 2015 baixo o título de “Heterodoxia creativa”.