Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

“Celebración”, de Gonzalo Hermo, novamente galardoado

Fantástica foi a noticia, non teño dúbida, que onte anunciou a concesión do Premio Nacional, léase estatal, de Literatura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na modalidade de “Poesía Joven Miguel Hernández”, ao poemario Celebración de Gonzalo Hermo que a crítica galega xa viu, hai algúns meses, como o máis salientable entre o publicado, na modalidade de poesía, ao longo do ano 2014. Os meus parabéns a Gonzalo Hermo polo seu talento e traballo e, loxicamente, a Antía Otero e Dores Tembrás, almas de Apiario que souberon mimar esteticamente un libro que segue a deixar, xustamente, un ronsel cheo de luz, orgullo e alegrías compartidas.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: