Beatriz Maceda Abeleira solicitoume hai algún tempo que dixese algunhas palabras sobre o seu último libro, titulado O álbum de Garrincha, na cidade de Vigo e aceptei, entre outras razóns, tanto polos acertos literarios que encerra como pola filosofía de fondo que contaxia, isto é, a de contemplar o fútbol como unha valiosa ferramenta que posibilita a integración social e, por extensión, axuda a derrubar moitas fronteiras.
O acto celebrarase o vindeiro mércores 28 de outubro, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo e, ademais da autora, participarán o presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño; o vicepresidente da entidade, Ramón Barros; o exfutbolista Giovanella e o Francisco Castro, este último como editor e en representación da Editorial Galaxia. Seguro que será unha fermosa presentación.