Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Faladoiro con Teresa Barro ao fío de “Alicia no país das marabillas”

Como un privilexio entendo a oportunidade que se me brinda mañá xoves 5 de novembro, dentro do Ciclo de Cultura Contemporánea Nexos, de establecer un diálogo con Teresa Barro, coautora do libro de memorias de Fernando Fernández-Barreiro Nolla, Amada liberdade. A profesora Barro foi responsable de ensaios como Cartas a Rosalía (1981), Introducción á Astroloxía (1983) ou Dentro e fóra (2002), alén de posuír unha traxectoria salientable como tradutora, entre outros títulos, de Alicia no país das marabillas, tradución que realizou para Edicións Xerais en colaboración con Fernando Fernández-Barreiro. Precisamente este será o libro que centrará boa parte deste faladoiro en función da celebración do sesquicentenario da publicación do seu orixinal en inglés e, ademais, do recoñecemento que obtivo por parte do Ministerio de Cultura español, hai trinta anos, como a mellor tradución na sección de libros infantís e/ou xuvenís.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 4 Novembro 2015 por en Divulgación,Faladoiro,Tradución , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: