Manuscrito: Valentín Lamas Carvajal

Os méritos literarios acadados por Valentín Lamas Carvajal superan, con moito, o feito de ser o fundador do primeiro xornal en lingua –O tío Marcos da Portela– ou o autor do primeiro éxito de vendas da historia da literatura galega como foi  O catecismo do labrego, o que de seu non sería pouco. Con todo, malia intentos que entendo infrutuosos desde hai tempo para situar a súa achega preto das tres figuras do Rexurdimento, a sombra destes parece escurecelo talvez inxustamente. Na súa memoria velaquí un fragmento dun discurso autógrafo, en castelán, que pronunciou en 1904.