Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Os Premios da Crítica Galicia 2015

Chiaba onte Suso de Toro, ao fío da celebración dos Premios da Crítica Galicia 2015: “Que sigan a rular, que exista crítica galega, que exista pensamento e ollada galega. Que existamos”. Abofé que si. Caderno da crítica non pode obviar a trixésimo oitava edición destes galardóns que contribúen, de maneira salientable, a seguir existindo con singularidade e orgullo propios. Parabéns ao equipo organizador e, especialmente, aos meus benqueridos Agustín Fernández Paz, Xosé Ramón Pena e Xaquín Marín polos éxitos colleitados, o que fago naturalmente extensivo a  Cineuropa, Guadi Galego, A Panadaría Teatro e Miguel Vila «Colineta», galardoados en diversas modalidades.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 8 Novembro 2015 por en Divulgación,Premio .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: