Presentación de “Seique” de Susana S. Arins, na libraría Cartabón (Vigo)

O vindeiro mércores, de hoxe nunha semana e ás 20.00 horas, a Libraría Cartabón acollerá a presentación do libro Seique, publicado por Através editora, de Susana Sánchez Arins. Será un pracer falar un chisco sobre este libro, dialogar coa súa autora e mais con todas as persoas que lles apeteza asistir.