Este vindeiro xoves 19 de novembro, ás 20:30, presentarase o volume colectivo Dez anos na porta na libraría viguesa Andel. O libro recolle unha escolma da produción poética do colectivo A porta verde do sétimo andar por mor do seu décimo aniversario do que xa falei brevemente aquí. Será un pracer acompañar a todas as persoas que queiran acompañarnos.