Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Bicha, de Eli Ríos

Eli Ríos (ilustracións de Patricia Román)

Bicha

Deputación de Ourense, Ourense, 72 páxinas, 6,50 €

 

Estreouse con fortuna Eli Ríos no ámbito da literatura infantil-xuvenil: Bicha resultou galardoado co Premio Dora e Pura Vázquez e, ao pouco tempo da súa publicación, esgotou practicamente a súa primeira edición. E non é de estrañar: ás fantásticas ilustracións de Patricia Román súmanse á feliz dinámica dun argumento imaxinativo, onde o cotián se entretece con naturalidade co fantástico. Como retos narrativos salientan a transmisión da relevancia de capítulos do noso pasado recente ou o respecto que merece a nosa contorna natural. Que veñan máis.

Este texto publicouse baixo o título de “E no cotián xorde o fantástico” nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 13  de novembro de 2015.
Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: