Boas noites, de Jesús Madriñán

Jesús Madriñán

Boas noites (epílogo de David Pérez Iglesias)

Fabulatorio, A Coruña, 92 páxinas, 35 €

 

 

O coidado artesanal e sempre sorprendente que a editora coruñesa Fabulatorio deposita no seus traballos deita resultados espléndidos como o que se recolle neste libro de J. Madriñán concibido para pensar. Nel conxúganse instantáneas da mocidade que frecuenta lugares de ocio do rural galego coas imaxes da contorna natural que rodea estes espazos. Nas primeiras repousa a esencia do que os modelos elixidos atesouran: por veces desasosego e, sobre todo, fraxilidade polo que se desvela e intúe mercé ao emprego dun obxectivo limpo e honesto. O epílogo do escritor David P. Iglesias, sen dúbida, está á altura deste suxestivo fotolibro.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 20 de novembro de 2015.