Na presentación de “Dez anos na porta”, na libraría Andel

1

Acompañado polos poetas, e amigos, Alfonso Láuzara e mais Miguel Ángel Alonso, participei onte na libraría Andel de Vigo na presentación do libro Dez anos na portavolume no que fago unha breve historia do colectivo A porta verde do sétimo andar alén de me responsabilizar dunha escolma poética realizada ad hoc para celebrar os dez primeiros anos de andaina do colectivo poético. Estes foron, precisamente, os temas que me ocuparon: tanto o que A porta verde… supuxo para a poesía galega contemporánea coma o deseño dalgunhas das claves que explican o labor que levei a cabo, nesta ocasión, como antólogo.

      Ás palabras, garimosamente hiperbólicas, e aos poemas recitados dos meus acompañantes de mesa seguiulle a lectura de diversas composicións dalgúns integrantes do colectivo alí presentes como Cruz Martínez, Iolanda Aldrei, Patricia Sánchez ou Manolo Pipas. Que veñan, cando menos, dez anos máis de vida deste colectivo.