Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Un fragmento de “Os elefantes de Sokúrov”, de A. Riveiro Coello

Comezo a ler, con fruición, Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello. Dou con Janis, un personaxe moi atractivo que, nun momento, di cousas que fan pensar como a que me permito reproducir:

Esta apatía pola lectura, non só de xornais senón tamén de literatura que afecta a boa parte dos claustros, sempre me pareceu algo terrible e desolador. A figura do docente debería ser a máis valorada da sociedade, por riba dun enxeñeiro, un médico ou un astronauta. Por iso estudei para selo. Mais tamén é certo que ese prestixio hai que gañalo día a día, non por decreto, senón dando exemplo, sendo dentro e fóra da aula un lector activo. Se o profesor non le, endexamais conseguirá que o faga o seu alumnado.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 24 Novembro 2015 por en Literatura galega,Opinión , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: