Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Neira Vilas: escritor indispensable

Esta mesma mañá, ao pouco de coñecer a noticia do falecemento de Xosé Neira Vilas, publiquei unhas breves liñas, apenas unhas reflexións de alcance, na edición dixital de La Voz de Galicia. Pódense consultar premendo aquí e tamén as reproduzo abaixo (a fermosa foto da páxina de inicio e deste apuntamento cólloa emprestada do blog do meu amigo Francisco Castro).

Inesperadamente fóisenos Xosé Neira Vilas. Faleceu cando moitas persoas comezabamos a ler o seu Romaría de historias (Galaxia): a súa última proposta literaria, agora xa derradeira, que proxectaba presentar no vindeiro Culturgal. Deixounos, coma sempre fixo, traballando arreo, algo que eu sempre admirei nel.

Neira Vilas sabía que Memorias dun neno labrego marcara un antes e un despois nel, e así foi por merecementos propios, mais o resto da súa obra testemuña que loitou por ser un escritor indispensable, conseguíndoo. 

A súa vida deseñou un círculo perfecto -Gres, Buenos Aires, A Habana e, de novo, Gres-  e soubo espellala literariamente co talento preciso para converterse nunha ponte indispensable entre a Galicia de aquén e a de alén mar. Desde hoxe repousa na nosa memoria e nos seus libros para sempre. Descanse en paz, con Anisia Miranda.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 27 Novembro 2015 por en Crónica,Divulgación , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: