Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Neira Vilas: o Proust que non puido ser

Mantiven unha relación extraordinariamente cordial, era imposible imaxinala doutro xeito, con Xosé Neira Vilas, reforzada mesmo ao asomarse e asumir con vitalidade as novas tecnoloxías como as redes sociais e o correo electrónico. Así foi como colaborou -directamente- coa sección “Manuscritos” con tres entregas que eu moito apreciei e nas que queda constancia da súa caligrafía.

     Porén, malia intentalo en varias ocasións, manifestou sempre as súas reservas diante das preguntas contidas no Cuestionario Proust e optou por non respondelas, algo que loxicamente respectei e comprendín. No libro de Luís Rei, Oficio de escribir (1990) responde apenas nove delas e en dúas exprésase con vaguidade. Á pregunta da súa ocupación preferida, iso si, manifestaba que “escribir e investigar” e, en efecto, demostrouno ata o final da súa vida. Descanse en paz.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 27 Novembro 2015 por en Opinión .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: