Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

As “libretas literarias” de Alvarellos

Pouco antes desta fin de semana tan terrible para a cultura galega chegáronme uns exemplares das chamadas “libretas literarias” e non quero adiar, cando menos, dar conta dunha iniciativa que moito me gustou entre outras razóns porque estas son, desde hai ben de anos, imprescindibles para min.

     A idea de comercializar estas libretas, baixo o selo de Alvarellos,  provén do propio director da editorial que confesa usalas desde hai tempo e deseñalas só para el, pero que agora desexa compartilas desde a perspectiva de concibilas como “lugares mínimos onde pousar unha idea, unha frase, un recado, un poema, un aviso…”. O seu tamaño pequeno fai delas unha ferramenta para levar canda si sen ocupar espazo e, ademais, entendo o deseño dos catro primeiros modelos como un acerto verdadeiro: velaí o mar de Urbano Lugrís, a Muralla de Lugo (de Blas Lourés), a letra manuscrita de Otero Pedrayo ou as follas da carballeira compostelá de San Lourenzo. Grazas por darlle corpo a esta idea tan útil e moita sorte con esta proposta.

 

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 29 Novembro 2015 por en Divulgación,Varios , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: