Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A outra voz, de Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán

Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán

A outra voz

Caldeirón, Malpica, 46 páxinas, 10 €

 

 

Galardoado na IX edición do premio de poesía erótica “Illas Sisargas”, A outra voz é un libro singular. Escrito a catro mans, ensaia poeticamente -ben puidera ser adaptándose a outro xénero calquera aínda que aquí salienta de seu a transparencia, concisión e limpeza expresiva que o domina- unha abordaxe esmagadora centrada no proceso de cousificación da muller e á súa vulnerabilidade, aludindo concretamente ao proceso de deshumanización e ás devastadoras consecuencias que se poden derivar respecto da violencia xinecolóxica e obstetrícica, asunto que en parte xa ocupara a obra teatral Xudite, de Marcos Abalde.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 27 de novembro de 2015, baixo o título de “Contra a violencia”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: