IV Edición do premio de poesía Manuel Lueiro Rey (convocatoria)

Non se adoitan reflectir aquí convocatorias dos diversos premios literarios que se organizan entre nós, mais fago nesta ocasión unha excepción -tamén porque non formo parte do xurado- pois penso que o ano vindeiro, centenario do nacemento de Lueiro Rey, será a ocasión de reivindicar aínda máis a figura do escritor de Fornelos de Montes e nada mellor que facelo cun novo poemario que se sitúe no ronsel das convocatorias anteriores que galardoaron sólidos poemarios de Eli Ríos, Luís Valle e Silvia Penas.

    Ocorre sempre que ser galardoado neste premio conleva, case sen buscalo, formar parte desa “causa Lueiro” á que me teño referido en diversas ocasións. Velaquí as bases do premio e, ao tempo, o meu convite para participar nel.