Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

No simposio sobre Filgueira

Hai hoxe unha semana participei no Simposio que se celebrou na Rúa Tabernas, 11 sobre Filgueira Valverde onde presentei un relatorio sobre a actividade do polígrafo pontevedrés vinculada co ensaio e a divulgación literaria. Na páxina web da Real Academia Galega incorpórase unha crónica sobre as xornadas onde se sintetizan, ao meu ver con acerto, as achegas que defenderon as diversas persoas que interviron neste simposio.

     Foi un pracer, no meu caso, participar nunha mesa redonda moderada pola académica Rosario Álvarez e acompañado polas profesoras Ana Acuña e Teresa López (fotos xentileza de Iolanda Fernández Casal).

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: