Catro títulos de Xosé Neira Vilas

Na edición en papel do suplemento Fugas -reproducido no apuntamento anterior “Neira Vilas no Dicionario da nova literatura galega (1969)“- acompañábase este texto cunha escolma de urxencia na que me detiña en catro títulos imprescindibles de Xosé Neira Vilas. Déixoos tamén aquí.

> Narrativa * Galaxia * 148 páxinas * 10 € Sen dúbida un dos libros claves da narrativa galega do século XX. Nel soubo espellar a vida cotiá de milleiros de persoas, describindo os seus sentimentos e devezos. Contribuíu, quen o pode negar, a asentar unha literatura, tamén a dignificar o propio idioma galego.
Narrativa * Galaxia * 148 páxinas * 10 €
Sen dúbida un dos libros claves da narrativa galega do século XX. Nel soubo espellar a vida cotiá de milleiros de persoas, describindo os seus sentimentos e devezos. Contribuíu, quen o pode negar, a asentar unha literatura, tamén a dignificar o propio idioma galego.
Narrativa * Galaxia * 224 páxinas * 19 € A contención e lirismo dalgunhas prosas de Castelao atopa aquí unha fantástica continuidade, ao someterse a un proceso de esencialismo que concentran esa emoción escintilante ao evocar o que se foi. Páxinas vibrantes sempre na esculca do íntimo e no valor dos sentimentos colectivos.
Narrativa * Galaxia * 224 páxinas * 19 €
A contención e lirismo dalgunhas prosas de Castelao atopa aquí unha fantástica continuidade, ao someterse a un proceso de esencialismo que concentran esa emoción escintilante ao evocar o que se foi. Páxinas vibrantes sempre na esculca do íntimo e no valor dos sentimentos colectivos.
Ensaio * Xerais * 216 páxinas * 18 € O labor ensaístico, e tamén memorialístico, que Neira espallou no seu articulismo é monumental. Velaquí un exemplo magnífico onde agroma, por xunto, a súa envexable memoria, o seu didactismo, a súa vontade de estilo e boa parte das súas vivencias e saberes.
Ensaio * Xerais * 216 páxinas * 18 €
O labor ensaístico, e tamén memorialístico, que Neira espallou no seu articulismo é monumental. Velaquí un exemplo magnífico onde agroma, por xunto, a súa envexable memoria, o seu didactismo, a súa vontade de estilo e boa parte das súas vivencias e saberes.
É esta novela, inspirada nunha técnica fragmentarista, o seu último libro publicado en vida: todo un símbolo tanto da súa paixón por cultivar a literatura como do desexo incansable de engadir novos matices á súa obra. Lectura, sen dúbida, obrigada.
É esta novela, inspirada nunha técnica fragmentarista, o seu último libro publicado en vida: todo un símbolo tanto da súa paixón por cultivar a literatura como do desexo incansable de engadir novos matices á súa obra. Lectura, sen dúbida, obrigada.

2 Comments

Os comentarios están pechados.