Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

s/t, de Emma Pedreira

Emma Pedreira

s/t

Xerais, Vigo, 48 páxinas, 12,50 €

 

Este poemario recibiu o premio de poesía “Gonzalo López Abente” na súa terceira convocatoria, que organiza a Fundación homónima e entendo como un acerto distinguir un libro pousado que gravita arredor dos conceptos do desposuimento e da perda, da extinción tanto do espazo tal e como se evoca, da finitude do propio tempo. Con s/t transitamos cara a un non-lugar reconstruído a través da palabra, onde se dan as mans infancia e memoria, medo e nostalxia, asomando, por veces, a presenza da morte. Procúrase tamén un último escintileo que ilumine un camiño case esvaído, mais que aínda existe.

Esta recensión, baixo o título de “As perdas”, publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 4 de decembro de 2015.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: