Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Lavadores, pasado e presente da nosa parroquia (exposición)

Foi unha fortuna poder acceder á exposición “Lavadores, pasado e presente da nosa parroquia” que recolle o traballo realizado polo alumnado e profesorado do CEIP O Pombal da cidade de Vigo e que, ademais, resultou galardoado na IX edición do Proxecto Didáctico “Antonio Fraguas” na modalidade de ensino primario. Os libros, ensaios didácticos, fotografías, gravacións audiovisuais, murais e outros documentos que a conforman pódense visitar estes días no Verbum, até o 15 de decembro, e confirma como o traballo colectivo dun centro de ensino público é quen de ofrecer un resultado espléndido ao abordar a historia e o presente do antigo concello de Lavadores, onde o colexio O Pombal se sitúa,  a través dun proceso de investigación que se estendeu a diversas frontes como a propia historia, a etnografía, a natureza, a música, a literatura ou diversas manifestacións artísticas e monumentais, sen esquecer procurar e aplicar o vizoso recurso da memoria oral.

       Só podo dar, desde aquí, os meus parabéns ás persoas responsables do proxecto e a toda a comunidade educativa pois constitúe todo un modelo a seguir. Recomendo vivamente a súa visita pois, ademais, o espazo é moi axeitado para acoller a exposición e resulta difícil non deixarse marabillar por todo o que se conseguiu con esta iniciativa (abaixo algunhas fotografías da exposición).

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 9 Decembro 2015 por en Crónica,Exposición , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: