Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Teño uns pés perfectos, de María Solar

María Solar

Teño uns pés perfectos (ilustracións Gusti)

Kalandraka, Pontevedra, 48 páxinas, 14 €

 

Dá xenio ler esta última proposta de María Solar porque, entre outros méritos, fai que reparemos na relevancia do máis próximo, tantas veces inxustamente desapercibido. E faise articulando con enxeño unha historia que adquire corpo a través de dous libros contidos nun só: nun, a liña narrativa repousa na preparación dun concurso para mentes prodixiosas onde o protagonista debe saber todo sobre os pés; no outro, atopa información mercé unha proposta acaroada á divulgación científica e a ese “prodesse et delectare”, que xa Horacio describira na súa Arte poética, agarimado aquí con inequívoco bo saber.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 11 de decembro de 2015, baixo o título de “Ensinar gozando”.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: