Hai xa unhas semanas Baía Edicións puxo en circulación tres volumes, ao meu xuízo ben salientables pola extraordinaria calidade visual e textual que atesouran, editados cada un deles en gran formato e orientados, basicamente, cara a un lectorado a partir de sete anos. Os textos inspíranse en tres achegas clásicas e imprescindibles como son, en primeiro lugar, unha compilación de cinco viaxes fantásticas de Jules Verne (en tradución de Ánxela Gracián) e, agora en tradución de Tamara Aymerich Correa, O mago de Oz (de Frank Baum) e mais o Drácula (de Bram Stoker).
Estes tres volumes, ademais, comparten o feito de seren adaptacións que, loxicamente, facilitan a divulgación e o acceso a estas pezas literarias desde unha idade temperá, ocupando un espazo ben necesario e acompañándose dun corpus de ilustracións fantástico que converte esta tripla entrega nunha verdadeira regalía para os sentidos e para a propia lectura. Dispor desde agora destes títulos tan atractivos e adaptados merece, non o dubido, todos os parabéns.
Obrigada pela divulgação. Um abraço, Ramón Nicolás.
Abraço!!!