Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Galicia, nosa ledicia, de Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas

Galicia, nosa ledicia

Embora, Ferrol, s/p, 20 €

 

Tras publicarse nos últimos tempos libros que Xosé Neira Vilas chegou a ver publicados como foron a reedición de Cantarolas ou Romaría de Historias, ponse en circulación agora unha riola de versos ilustrados marabillosamente por Dani Viéitez e Iria Iglesias que o autor dezao chegou a rematar pero que, lamentablemente, non viu publicado. Esa é unha das razóns polas cales este libro conmove pero tamén porque segue a amosar a versatilidade extraordinaria dun autor que ofrece nun libro -editado requintadamente e en gran formato por Edicións Embora, casa editora que acolleu nos últimos tempos diversos libros de Neira- nin máis nin menos que unha verdadeira sinopse da historia do noso país e, ademais destinada a un lectorado novo que pode, coa sonoridade que imprimen de seu os versos octosílabos empregados, ir coñecendo e recoñecendo o noso pasado, algo que nos permite, claro é, vernos no presente.

      Hoxe en día, no que gran parte do alumnado galego ignora as claves do que nos foi  facendo como somos porque o currículo escolar non o considera relevante, este libro resulta, realmente, impagable e teño a convicción que ha ser unha obra moi singular e importante na poesía infantil do autor. Beizón a Neira por idealo e deixárnolo escrito con tanto talento, a Viéitez e Iglesias por ilustralo e a Embora por facelo posible.

Advertisements

Un comentario en “Galicia, nosa ledicia, de Xosé Neira Vilas

  1. Pingback: Antropologia e Filosofia da Arte. ¨Galicia, nosa ledicia, de Xosé Neira Vilas¨. Ramón Nicolás | MariaLDario's Blog

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 17 Decembro 2015 por en Crítica literaria,Poesía , , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: