Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Xosé Fernández Ferreiro

Xosé Fernández Ferreiro practicou o xornalismo con sabedoría e explorou novos camiños para a literatura galega, coa convicción de sumar e encher lagoas. Fíxoo impulsando a literatura de xorne popular, fíxoo convertendo en materia narrativa o que aconteceu no ano trinta e seis e fíxoo cun feixe de novelas magníficas que a min sempre me gustaba ler.

   Deixou, asemade, unhas crónicas espléndidas da súa vida e experiencias en De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde. Botarémolo de menos.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 17 Decembro 2015 por en Divulgación,Obituario .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: