Poemas de Amor en Outono, de Toño Núñez

Toño Núñez

Poemas de Amor en Outono

Fachinelo, 168 páxinas, 18 € (limiar: A. Requeixo; libro + dvd)

 

 

Talvez a xa dilatada traxectoria de Toño Núñez (Navia de Suarna, 1959) precisaba aceirarse cun libro coma este no que ispe en 55 poemas, un por cada ano de vida, o seu universo vivencial. Instalado na “outonía” da vida testemuña de seu unha incontestable habelencia creadora e faino, desde as instancias da emoción, erixindo unha poética heteroxénea cruzada polo amor, o desamor e as ausencias; sempre coa ollada depositada na memoria dos espazos nativos e mesmo fundida coa roupaxe reivindicativa, establecendo tantas veces un diálogo vizoso coas grandes voces poéticas de noso. Poesía que é vida.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 18 de decembro de 2015, baixo o título de “Poesía que é vida”.