Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

“Esperanza”, de Celso Emilio Ferreiro, no 104 aniversario do seu nacemento

Un día coma hoxe do ano 1912, ás catro da tarde, viña ao mundo Celso Emilio Ferreiro en Celanova. Traio aquí, para celebrar esta data, o seu poema “Esperanza”, impreso no envés da publicación-convite que un grupo de amigos artellaron para despedilo, no Hotel Roma de Ourense, o 15 de maio de 1966 antes de que collese o barco en Vigo para Venezuela. Van cincuenta anos xa desta última homenaxe, que gozou de inescusables dimensións socio-políticas e que cumprirá lembrar ao longo deste ano.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 4 Xaneiro 2016 por en Divulgación,Efeméride , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: