Como unha excelente noticia acollo o nacemento de lermos. gal: unha nova plataforma na rede para a literatura galega. Deixo abaixo a declaración de intencións que a guía e tamén a miña benvida e mais o desexo dunha longa e feliz andaina.
Logo dun longo tempo de traballo, o equipo de lermos.gal, formado por Alex Bayorti, Xosé Duncan e Martinho Terrafria, temos a honra de inaugurar este novo web, unha revista en liña dedicada ao mundo das letras en lingua galega.
A nosa intención é informar e divulgar de xeito programado e ordenado sobre os acontecementos literarios máis sobranceiros, as últimas novidades editoriais e todos aqueles temas que sexan susceptíbeis de se converter en noticia. Asemade, contamos cunha sección de entrevistas a profesionais do mundo do libro e a lectura, un apartado de recursos destinado a divulgar determinados coñecementos relacionados co ámbito literario, e unha axenda de eventos, na que se irán actualizando datas de presentacións, premios literarios, feiras etc.
Lermos.gal nace tamén cunha clara vocación de cara ás redes sociais, a través das que traballaremos pola difusión dos contidos literarios na nosa lingua.
Como lermos.gal é un proxecto colaborativo e aberto, todas as achegas a ampliar o contido e a mellorar calquera aspecto do site serán benvidas.
Sensacional, Ramón Nicolás. Obrigada pela divulgação!
Obrigado, MariaLDário!