Autoedición, Compostela, 168 páxinas.
O humorista e xornalista Carlos Meixide retorna á narrativa dez anos despois da súa interesante novela O home inédito e faino cunha proposta híbrida a cabalo entre o xénero de aventuras e o da novela negra, que se destapa a partir dunha morte relacionada coas consecuencias das folgas xerais de Vigo do ano 1972. Protagonizada por un grupo de adolescentes, descritos con desinhibición e verismo, a excelente ambientación e a axilidade narrativa equilibran o desaxuste que supón a presenza dalgúns parlamentos de personaxes foráneos, con inequívoca intención sarcástica pero talvez mellorables con facilidade. Moi recomendable.
Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 15 de xaneiro de 2016, baixo o título de “Mestizaxe narrativa”.