Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Virginia Woolf (II)

Hai un par de anos traía aquí un manuscrito de Virginia Woolf. Volvo agora á autora inglesa cun texto da mesma índole ao que accedín mercé á páxina Actualidad Literatura. Trátase dun texto emocionalmente intenso como é a carta que deixou, antes do seu suicidio, dirixida ao seu marido Leonard a finais do mes de marzo de 1941. Abaixo traduzo ao galego a carta.

Caro,

Sinto que vou tolear outra vez. Penso que non podemos pasar de novo por unha desas épocas terribles. E eu non podo recuperarme esta vez. Comezo a oír voces, e non podo  concentrarme. Así que fago o que me parece o mellor que podo facer. Ti déchesme a máxima felicidade posible. Fuches en todos os sentidos todo o que calquera podería ser. Creo que dúas persoas non puideran ser más felices até que veu esta terrible doenza. Non podo loitar máis. Sei que estou a botar a perder a túa vida, que sen min poderás traballar. Faralo, seino. Xa ves que non podo nin sequera escribir isto adecuadamente. Non podo ler. O que quero dicir é que toda a felicidade da miña vida débocha a ti. Fuches moi paciente conmigo e incriblemente bo. Quero dicilo —sábeo todo o mundo. Se alguén podía salvarme serías ti. Perdín todo agás a certeza da túa bondade. Non podo seguir arruinando a túa vida durante máis tiempo. Non creo que dúas persoas puidesen ser máis felices do que o fomos ti e mais eu. V.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 24 Xaneiro 2016 por en Divulgación,Manuscrito , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: