Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A verdade xurídica, o pensamento zombi e a tradición republicana, de Antón Beiras Cal

Antón Beiras Cal

A verdade xurídica, o pensamento zombi e a tradición republicana

Laiovento, Compostela, 148 páxinas, 2014, 15 €

 

Apareceu hai xa algúns meses este libro do economista e avogado vigués Antón Beiras e, talvez, pola natureza crítica, desinhibida e heterodoxa que o domina pasou moi desapercibido entre nós. Trátase dun libro a cabalo do ensaio económico e a filosofía do Dereito que atende, erixindo unha proposta con vontade interviniente, ao que significa a vulneración ou perda dos dereitos cidadáns respecto da propia autonomía persoal ou privada, articulando un percorrido documentado, e non exento de ironía ás veces,  polo pensamento de Guillerme de Ockham, Aristóteles –de aí a acepción de República como “bo goberno”- ou Kant, entre outros.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 22 de xaneiro de 2016 baixo o título de “Na defensa da autonomía privada”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: