Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Deborah Vukusic

Deborah Vukusic

1.– Principal trazo do seu carácter?
-Son un valor seguro para animar calquera festa. 😉
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-O sentido do humor.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Lealdade.
4.– A súa principal eiva?
-A mala “hostia”.
5.– A súa ocupación favorita?
-Ir ao cine.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Unha habitación quentiña, con sol no exterior, cun bo libro xunto á miña parella despois de traballar nunha boa peli.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Sobrevivir á fin do mundo.
8.– Que lle gustaría ser?
-Unha xenio comprendida.
9.– En que país desexaría vivir?
-País… Non sei. Cidades moitas: Roma, Berlín, Nova Iork, Cidade de México, Budapest, Os Ánxeles, Belfast…
10.– A súa cor favorita?
-Azul Klein.
11. – A flor que máis lle gusta?
-Gústame a forma das margaridas pero non como cheiran.
12.– O paxaro que prefire?
-O colibrí.
13.– A súa devoción na prosa?
-Cortázar.
14.– E na poesía?
-Anne Sexton.
15.–  Un libro?
Karoo de Steve Tesich.
16.– Un heroe de ficción?
-O antiheroe: Macbeth.
17.– Unha heroína?
-Queen Bee.
18.– A súa música favorita?
-Rock’n’roll. Grupo: Placebo.
19.– Na pintura?
-A Mountain School.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Miña Nai.
21.– O seu nome favorito?
-Julia.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-Que cuspan na rúa.
23.– O que máis odia?
-A crueldade de Luz Casal que sempre aparece cando teño parella para maldicila e romper.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-É difícil elixir: Franco, Rajoy, Torquemada, Aznar, Albert Rivera, Stalin, Pinochet, Merkel, Mengele…
25.– Un feito militar que admire?
-A pacificación do feito militar: a revolución dos caraveis.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Temperanza.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Durmindo e sen dor.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-A hiperactividade.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Os erros gramaticais. Ai, non, que iso non o aturo.
30.– Un lema na súa vida?
-Hala Celtaaaa!!!

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 29 Xaneiro 2016 por en Cine,Divulgación,Literatura , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: