“Libro do mal amor. Haikus contra a violencia de xénero”, Gracia Santorum (coord.)

Gracia Santorum (coordinadora)

Libro do mal amor. Haikus contra a violencia de xénero

Xunta de Galicia-IES Laxeiro, 144 páxinas, 2015, edición non venal.

 

 

Para combater a violencia machista débense usar todas as armas posibles e esta, procedente do ámbito docente, é ademais de necesaria por preventiva merecente de aplauso. Desde o IES Laxeiro de Lalín,  a profesora Gracia Santorum mobilizou alumnado e profesorado para construír un xuntoiro de imaxes e poesía en forma de ilustracións e haikus -eses breves poemas tan proclives á reflexión-, que promovese a concienciación do que é o amor mal entendido. No proxecto implicáronse, ademais, voces que son parte do máis brillante do noso sistema literario.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 29 de xaneiro de 2016, baixo o título de “Espléndida iniciativa”. Pódese acceder ao libro premendo aquí.