1.– Principal trazo do seu carácter?
-Sentimental.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A empatía.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Lealdade.
4.– A súa principal eiva?
-Ser demasiado branda.
5.– A súa ocupación favorita?
-Ler.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Estar coa persoa que amo xunto ao mar.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Ver sufrir a unha das persoas que quero.
8.– Que lle gustaría ser?
-Ademais de boa persoa e feliz, unha boa escritora que sabe facer fotos.
9.– En que país desexaría vivir?
-Portugal ou Italia.
10.– A súa cor favorita?
-Azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
-As silvestres.
12.– O paxaro que prefire?
-O pardal.
13.– A súa devoción na prosa?
-Van mudando. Agora estou a adorar a Alice Munro.
14.– E na poesía?
-María do Carme Kruckenberg, Rosalía de Castro, Sara Herrera Peralta, Elvira Ribeiro, Fernando Pessoa, José Ángel Valente, Wislawa Szymborska… e tantas outras voces.
15.– Un libro?
–A voz da auga.
16.– Un heroe de ficción?
-John Proctor en O crisol (As bruxas de Salem).
17.– Unha heroína?
-Hannah Arendt.
18.– A súa música favorita?
-Hai cancións de Led Zeppelin, Leonard Cohen, Nick Cave, Joan Baez ou Nina Simone que non podo deixar de escoitar. Basia Bulat ou calquera das Voces Femininas que nos visitan cada novembro en Vigo son tamén unha boa elección para escoitar na casa.
19.– Na pintura?
-Gústanme moitísimo René Magritte, Maruja Mallo, Giorgio de Chirico ou Edward Hopper.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Os meus pais.
21.– O seu nome favorito?
-Por exemplo Helena e Matilda.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A envexa.
23.– O que máis odia?
-A arrogancia de quen utiliza as persoas para o seu propio beneficio.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Todos os que prohibiron as liberdades. A lista é extensa.
25.– Un feito militar que admire?
-Ningún. Admiro o contrario: os acordos prácticos que permitiron a construción da paz. A Declaración de Schuman é un bo exemplo.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Ser ordenada.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-De moi vella.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Cunha especie de alegría nostálxica; tamén nunha continua actividade tranquila.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Aqueles nos que as persoas incorren sen seren adrede.
30.– Un lema na súa vida?
-Andar á procura da poesía alá por onde vou.