O marabilloso país dos snergs (tradución de Iolanda Mato)
Sushi Books, 258 páxinas, 16 €, Cangas do Morrazo, 2016.
Que unha peza narrativa desta altura pase á historia porque Tolkien confesou a súa devoción por ela son cousas do mundo literario. Con todo, a traxectoria de E. A. Wyke-Smith (1871-1935) deféndese de seu: nesta obra transita polo ronsel da Alicia de Carroll e do Peter Pan de James M. Barrie, e constrúe con singularidade un mundo fantástico onde snergs, ogros, bruxas, reis, un Percival en decadencia, o Holandés Errante e mais Joe e Sylvia, dous nenos expulsados da sociedade que atopan acobillo nun lugar onde o tempo se detivo, protagonizan un libro memorable.
Esta texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 5 de febreiro de 2016.