Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Andrés Pociña

 

Andrés Pociña (á esquerda), con Luz Pozo e Aurora López

                                         Andrés Pociña (á esquerda), con Luz Pozo e Aurora López

                   Andrés Pociña

1.– Principal trazo do seu carácter?

-O optimismo.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

-A sinceridade.

3.– Que agarda das súas amizades?

-Afecto.

4.– A súa principal eiva?

-Non contar co tempo.

5.– A súa ocupación favorita?

-Dar clase.

6.– O seu ideal de felicidade?

-Estrear pezas teatrais.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-Perder a miña compañeira.

8.– Que lle gustaría ser?

-Dramaturgo.

9.– En que país desexaría vivir?

-Dáme igual.

10.– A súa cor favorita?

-Vermella.

11. – A flor que máis lle gusta?

-A rosa.

12.– O paxaro que prefire?

-O merlo.

13.– A súa devoción na prosa?

-Cervantes.

14.– E na poesía?

-Rosalía.

15.– Un libro?

Concerto de outono, de Luz Pozo Garza

16.– Un heroe de ficción?

-Don Quixote.

17.– Unha heroína?

-Medea.

18.– A súa música favorita?

-A popular galega.

19.– Na pintura?

-Goya.

20.– Un heroe ou heroína na vida real?

-Federico García Lorca.

21.– O seu nome favorito?

-Aurora.

22.– Que hábito alleo non soporta?

-A envexa.

23.– O que máis odia?

-O finximento.

24.– A  figura histórica que máis despreza?

-Franco.

25.– Un feito militar que admire?

-Ningún.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-A fermosura.

27. – De que maneira lle gustaría morrer?

-De morte súbita.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-Estar activo.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

-Os derivados de faltas de coñecementos.

30.– Un lema na súa vida?

-Facer máis.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 9 Febreiro 2016 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: