Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Retorno ao país dos ananos sen moverse da habitación, de Miguel Ángel Alonso Diz

Miguel Ángel Alonso Diz

Retorno ao país dos ananos sen moverse da habitación (limiar de Alfonso Láuzara)

Q de Vian Cadernos, 98 páxinas, Vigo, 2015.

 

 

Concluía hoxe un prólogo para un libro que compila os “poemas de guerra” de Celso Emilio Ferreiro e que verá a luz proximamente, cando lembrei este libro que agora me ocupa, no meu poder desde hai moitos meses, e do que non dera conta neste blog.

     Retorno ao país dos ananos…, de Miguel Ángel Alonso, autor ben coñecido polo seu labor desenvolto na plataforma poética A porta verde do sétimo andar e mais polos éxitos colleitados no ámbito da literatura infantil, é se cadra, un libro que talvez o quen o subscribe lle debía  a unha das estéticas que máis o  influíron tanto na súa formación lectora como na súa práctica poética. E se cadra non só a Viaxe ao país dos ananos ferreiriana, senón tamén o resto da obra poética do celanovés.

     Alonso, así pois, viste nestes poemas as roupas da estética máis reivindicativa e belixerante, e con esta bagaxe beirea e aborda os abismos das inxustizas con rotundidade, onde por veces o amor se articula como ferramenta coa que seguir adiante -véxase “Ao galego dende o amor”-, salientando, ao meu ver, a forza de poemas de fondo contido emocional como o titulado “Historia-Lingua-Galicia (Carta a miña filla)” que recomendo vivamente ler e reler.

    Os ananos dos que falaba Celso Emilio seguen vixentes e tan vivos coma sempre. Miguel Ángel Alonso dá conta, neste libro, desta realidade. Grazas.

 

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: