Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Unha viaxe de ruminantes, de Baia Fernández de la Torre

Baia Fernández de la Torre

Unha viaxe de ruminantes

Autoedición, Pontevedra, 152 páxinas + CD, 2015, 18 €

 

 

Nada sabía de Baia Fernández de la Torre nin tampouco do seu proxecto poético contido en Unha viaxe de ruminantes e de feito foi a súa aparición no “Taboleiro do libro galego” o que facilitou que puidese acceder a este volume.

    Unha viaxe de ruminantes -prologado por Miro Magariños e mais Manoele da Felisa- é, talvez, un libro atípico: fóra de modas e tendencias, alleo a outros motivos que non sexan os que autora desexa libremente percorrer, articúlase como unha sorte de caderno de bitácora que nos guía polo traxecto singular e privativo da voz lírica: unha viaxe na que en cada relanzo do camiño se deixa unha reflexión sobre o experimentado e o vivido, sobre a existencia e os sentimentos, sobre a busca constante nos labirintos do interior, onde o amor, unha cosmovisión abeirada ao natural e a forza depositada nas pequenas cousas salientan como as ideas-forzas deste poemario. Por riba, nun marabilloso CD pódense oír algúns destes poemas na voz da poeta cun fantástico acompañamento musical. Un proxecto, este de Baia Fernández, ao que lle desexo moita sorte.

 

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: