Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cincuenta homes por dez reás, de A. Daniel Rodríguez Castelao

A. Daniel Rodríguez Castelao

Cincuenta homes por dez reás

Galaxia, Vigo, 112 páxinas, 2015, 11,10 €

 

Un acerto, sen dúbida, a iniciativa que a editorial Galaxia botou a andar poñendo en circulación unha reedición, nun formato accesible e atractivo, deste libro histórico na chamada “Biblioteca Castelao”, a carón das Cousas editadas en seis volumes e agrupadas por un criterio temático (Animais, Caciques, Homes, Mulleres, Nenos e Vellos). Volver a Castelao, sexa no xénero que for e da maneira que for, significa retornar ás palabras, ás ideas e á práctica artística dun clásico que nunca perdeu vixencia, velaquí a proba.

Este texto publicouse, baixo o título de “Sempre Castelao”, no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 12 de febreiro de 2015.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: