Cheiro de choiva, de Rodolfo Alonso

Rodolfo Alonso

Cheiro de choiva (limiar de X.L. Méndez Ferrín)

Barbantesa, Cangas do Morrazo, 78 páxinas, 12 €, 2015.

 

Rodolfo Alonso é un senlleiro tradutor, ensaísta e poeta arxentino, aquí case descoñecido. Fillo de pais galegos, quixo coñecer e afondar no estudo da nosa tradición lírica, á que agora se suma publicando o seu primeiro libro na nosa lingua. Nel compila unha prosa e mais poemas redactados desde hai sesenta anos para acó que son composicións, case disidentes, que reflicten unha voz limpa, madura, heteroxénea e puída, transitando con convicción e madurez polos eidos do amor, dos ecos popularistas, da contorna máis íntima e do compromiso, claramente explícito, co noso idioma.

Este texto publicouse, baixo o título de “Poesía da outra banda do Atlántico” no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 19 de febreiro de 2016.